InicioSociedadeVigo incrementa o numero de falecidos por Covid mentres baixan en Galicia

Vigo incrementa o numero de falecidos por Covid mentres baixan en Galicia

A Xunta informa de cinco falecidos na área de Vigo, dos nove que houbo en toda Galicia

PUBLICADO O

Galicia volveu baixar das dez vítimas mortais por covid. Un dato que segue sendo moi triste pero que se compara cos 40 falecidos que houbo hai tan só dúas semanas semella un dato esperanzador que amosa que o peor da terceira onda xa pasou.

Segundo informou o Sergas, entre este martes e mércores faleceron nove persoas, sete o día 15 e dúas o día 17. A maior parte dos falecidos, cinco, son da área de Vigo, mentres que na da Coruña e Ferrol hai dous, respectivamente. Con estas mortes, Galicia suma xa 2.147 vítimas desde o inicio da pandemia.

Este é o parte facilitado polo Sergas:

Día 16:

Home de 83 anos, no CHUAC. 
Home de 68 anos, no CHUAC.
Muller de 103 anos, no CHUF (procedente da Residencia Mi Casa de Ferrol).
Muller de 88 anos, no CHUF. 
Muller de 86 anos, no  CHUVI.
Muller de 72 anos, no  CHUVI. 
Home de 74 anos, no CHUVI.

Día 17:

Muller de 67 anos, en POVISA. 
Home de 86 anos, no  CHUVI. 

Todos eles presentaban patoloxías previas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...