InicioSociedadeA UVigo e a Deputación recoñecen a catro alumnas de ciencias e...

A UVigo e a Deputación recoñecen a catro alumnas de ciencias e tecnoloxías cos Premios GirlGeekCovid

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra, no marco da cátedra Feminismos 4.0, entregaron este xoves, nun acto telemático, os Premios GirlGeekCovid, que recoñecen os mellores expedientes de alumnas das ramas de ciencias e tecnoloxías.

Nesta convocatoria, que ten como finalidade promocionar e fomentar os estudos STEM (Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñarías e Matemáticas), recoñeceuse cun accésit á estudante de Química e dun máster en nanociencia e nanotecnoloxía Laura Sánchez, no ámbito das Ciencias; e con outro accésit á alumna de Enxeñaría das Telecomunicacións María Elena Márquez, no ámbito das tecnoloxías. En ambos os casos, os premios están dotados con 1.000 euros.

Por outra banda, recibiu o primeiro premio na rama de ciencias, dotado con 2.000 euros, a estudante de Bioloxía Ana Ramírez; e o primeiro premio na rama de tecnoloxías, coa mesma contía económica, foi para a alumna de Enxeñaría Biomédica Iria Oleiro.

Todas elas agradeceron o recoñecemento e incidiron na necesidade de incrementar a presenza de mulleres nestes ámbitos do coñecemento. Ademais, aproveitaron para reivindicar ás figuras femininas e a súa contribución nas ciencias e tecnoloxías.

“VISIBILIZAR” ÁS MULLERES NA CIENCIA

Nesa liña, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxo en valor que se entreguen estes premios precisamente no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e subliñou a necesidade de que se “visibilice” o traballo das mulleres nestes ámbitos, xa que as científicas “ocupan só o 7,6 % do espazo nos libros de texto de Primaria e a ESO”.

Pola súa banda, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, recalcou a importancia de iniciativas como estes premios, promovidos desde a Cátedra Feminismos 4.0, que supoñen un “punto de inflexión” e unha contribución nun campo “que estaba bastante baleiro”, como é o recoñecemento a mulleres científicas e tecnólogas.

ÚLTIMAS

Na rúa tras 20 anos nunha chabola en Vigo: Xunta e Concello deixan a dúas familias sen alternativa habitacional

Dúas familias de Vigo enfróntanse a un desafiuzamento inminente. Piden ás administracións unha "vivenda...

‘Quero ser investigadora’, historias de mulleres investigadoras que triunfan na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento...

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...