InicioSociedadeA área sanitaria de Vigo participa nun estudo internacional sobre a xenética...

A área sanitaria de Vigo participa nun estudo internacional sobre a xenética do cancro

A investigación realizouse cun total de 113.000 mulleres de todo o mundo, 4.000 delas das áreas sanitarias de Santiago e Vigo: 2.000 diagnosticadas con cancro de mama.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A revista ‘New England Journal of Medicine‘ publicou esta semana un estudo internacional no que participaron investigadores galegos, ademais de 4.000 pacientes das áreas sanitarias de Vigo e Santiago de Compostela, e que permitiu confirmar nove xenes que son “clave” para predicir o risco de cancro de mama.

En concreto, formaron parte deste traballo Manuela Gago e Anxo Carracedo, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) – Fundación Galega de Medicina Xenómica; e Esteban Castelao, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

Este equipo, segundo informa o IDIS nun comunicado, dirixe o consorcio galego de cancro de mama ‘Breogan’ (Breast Oncology Galicia Network), que participou neste estudo internacional pertencente ao grupo ‘Bridges (Breast Cancer Risk after Diagnostic Gene Sequencing).

A investigación realizouse cun total de 113.000 mulleres de todo o mundo, 4.000 delas das áreas sanitarias de Santiago e Vigo: 2.000 diagnosticadas con cancro de mama que prestaron mostras de sangue, de ouriños e de tecido tumoral e outras 2.000 pacientes libres da enfermidade, que achegaron as súas propias mostras de sangue e de ouriños e os seus datos epidemiolóxicos de factores de risco.

O estudo concluíu que hai nove xenes que son “os máis útiles, desde o punto de vista clínico”, para incluílos no test de predición de risco de cancro de mama, o que permite “mellorar o consello xenético a pacientes e familiares”, valora o IDIS.

Ata hai pouco, ás persoas con antecedentes familiares de cancro de mama realizábanselle exames xenéticos que incluían un número limitado de xenes e, aínda que as novas tecnoloxías permitiron engadir xenes novos, aínda había que definir “con precisión” cales eran os principais causantes da enfermidade.

Neste sentido, o estudo no que participaron Gago, Carracero e Castelao permitiu confirmar como “principais” os xenes ATM, BRCA1, BRCA2, CHEK2, PALB2, BARD1, RAD51C, RAD51D e TP53. Aínda que a incidencia de varios destes xenes “xa se coñecía con anterioridade”, a investigación permitiu identificar o risco doutros que “non estaba tan ben establecido” ou establecer esta vinculación “de maneira máis sólida”, explica o IDIS.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Mar remata as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Vigo para avaliar o impacto dos temporais e da baixada da salinidade

A Consellería do Mar concluirá este venres as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...