InicioSociedadeO Concello de Ponteareas pide "extremar precaucións" ante o aumento de contaxios...

O Concello de Ponteareas pide “extremar precaucións” ante o aumento de contaxios e prevé máis restricións

A incidencia da covid-19 é superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Ponteareas fixo un chamamento aos veciños desta localidade para “extremar as precaucións” tras constatar un incremento no número de casos activos de COVID-19, que sitúan o concello nunha incidencia da pandemia superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes.

Así o trasladou a alcaldesa en funcións e concelleira de Saúde, Cristina Fernández Davila, que confirmou que, ata este luns, o número de casos activos neste pobo, de algo menos de 23.000 habitantes, é de 77.

Esta incidencia, vaticinou, fará vivir aos ponteareáns “novas restricións se así o determina a Xunta” no comité clínico deste martes, por iso apuntou que “todos” os cidadáns deben ser “responsables” e “extremar as precaucións”.

“Nas mans de todas e todos nós está facerlle fronte ao virus. A cifra pode obrigar a vivir novas restricións se así o decide a Xunta, por iso é indispensable que sexamos estritos, máis cívicos que nunca e que cumpramos a normativa”, afirmou a alcaldesa en funcións.

Nese sentido, Fernández Davila pediu “colaboración” dos veciños para que fagan só os desprazamentos indispensables, mantendo as distancias sociais, empregando en todo momentos as máscaras, e evitando ao máximo as reunións.

Así mesmo, lembrou a importancia de observar estas precaucións tamén nos locais de hostalaría, nos que só deben retirarse as máscaras no momento para comer e beber. “Temos que evitar a propagación do virus, mantendo controlado o número de casos positivos”, incidiu.

Finalmente, subliñou que a actual situación de crise sanitaria pon en risco, non só a saúde, senón tamén a economía do municipio, especialmente de comerciantes e hostaleiros, e lembrou a importancia de facer probas como os cribados. De feito, sinalou, eses cribados continuarán coa realización de probas a traballadores municipais e persoal dos centros educativos de Ponteareas.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...

Tres anos de prisión para un home sorprendido con 10 gramos de cocaína nun bar de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...