InicioSociedadeBaixan os casos en Vigo mentres crecen en case toda Galicia

Baixan os casos en Vigo mentres crecen en case toda Galicia

Nas últimas horas houbo 59 casos que o día anterior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Despois duns días con cifras máis baixas, influenciadas en parte polos días festivos, Galicia volveu detectar en 24 horas máis de 400 novos positivos de covid-19 e rexistrou un novo repunte de hospitalizados e de casos activos, que afecta a todas as áreas sanitarias excepto ás de Santiago e Vigo, que detectou nas últimas 24 horas 28 positivos, 59 menos que o día anterior.

En concreto, segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste domingo, día 3, en Galicia detectáronse en 24 horas 422 positivos de coronavirus, o que supón 153 máis que os 269 informados o día anterior. Así mesmo, tamén creceu a presión de hospitalización convencional, con 388 pacientes ingresados, 20 máis que un día antes, aínda que os enfermos en UCI baixaron ata os 54 (-3).

Na áea de Vigo hai 62 persoas covid positivo que necesitan hospitalización (sete máis), 11 en coidados intensivos (unha menos con respecto a un día anterior).

CRECEN OS CASOS ACTIVOS

Tras un lixeiro descenso no parte deste domingo, os casos activos en Galicia volveron a crecer, ata os 5.905, 173 por encima do día anterior. Por áreas sanitarias, son as de Santiago (1.327), A Coruña (1.193) e Vigo (1.134) as que teñen unha cifra máis elevada. Con todo, mentres Santiago (-5) e Vigo (-39) baixan, A Coruña increméntaos en +59.

ÚLTIMAS

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...