InicioSociedadeGalicia, cercada logo do peche de Asturias, Castela León e Portugal pola...

Galicia, cercada logo do peche de Asturias, Castela León e Portugal pola incidencia da COVID19

PUBLICADO O

Castela e León pecha o seu territorio e limita a mobilidade desde o venres 30 de outubro ás 14 horas ata a finalización do estado de alarma, o 9 de novembro, que coincide coa Almudena, que é festivo en Madrid capital. O presidente autonómico, Alfonso Fernández Mañueco, asegurou que se trata de medidas “drásticas pero proporcionadas” que non durarán nin 14 días. “O virus non entende nin de fronteiras, cores políticas nin ideoloxías”, destacou o presidente autonómico, quen chamou a un ” autoconfinamiento intelixente”, no que a mobilidade sexa a mínima posible.

O peche de Castela únese ao de Asturias e Portugal ainda que con diferenzas

No caso das comunidades autónomas de Asturias e Castela e León poderase atravesar as comunidades cando o destino sexa outra comunidade. Por exemplo poderase cruzar para vir ou sair de Galicia pero sen facer parada nestas comunidades.

No caso de Portugal, o acceso estará permitido con limitacións, as mesmas que teñen os cidadáns porgueses. Onde non está permitido sair do concello.

Aínda que no caso dos extranxeiros poderán acudir aos hoteis se teñen reserva confirmada polo que unha persoa que teña unha reserva de Hotel en Lisboa poderá desprazarse dende Galicia ata o hotel, pero unha vez alí terá as mesmas restriccións que calquer cidadán portugués e non poderá circular entre os concellos limítrofes salvo para a súa volta a Galicia.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...