InicioSociedadeOs novos 'Covid-Auto-Escola' estarán situados nos hospitais e non nos centros...

Os novos ‘Covid-Auto-Escola’ estarán situados nos hospitais e non nos centros de saúde

PUBLICADO O

A Xunta obrigará a estudantes e profesores a desplazarse aos hospitais de referencia para facer probas PCR no caso de detectarse un positivo nunha aula escolar. Entre este venres e o vindeiro luns botará a andar o denominado ‘Covid-auto escola’ co que a Consellería de Sanidade pretende centralizar todas as probas PCR que se teñan que realizar nun centro con contaxiados.

Deste xeito, no momento en que exista un caso de coronavirus nunha aula, alumnos e persoal docente deberán acudir a este ‘Covid-auto’ que estará situado no hospital da área sanitaria á que pertenza o centro educativo para someterse ao test PCR. Dese xeito, alumnos e profesores non poderán acudir ao seu centro de saúde máis próximo.

O obxectivo, segundo explicou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do seu executivo que deu luz verde a esta medida, é “descargar” a atención primaria e a pediatría e, así mesmo, “diminuír o tempo de sospeita e diagnóstico”.

Ademais, o xefe do Goberno galego tamén avanzou que este venres arrinca un novo cribado entre os 44.000 profesionais do Sergas e as entidades dependentes do sistema sanitario galego. Unhas probas que serán realizados con material donado pola Fundación Inditex.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...