InicioSociedadeSeguen crecendo os positivos en centros e escolas infantís

Seguen crecendo os positivos en centros e escolas infantís

Os novos contaxios detectáronse na Coruña, Sada, Ames, Boiro, Lugo, Bande, O Barco, Ourense, Vilanova de Arousa, Tui e Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os centros e escolas infantís de Galicia rozan xa os 220 positivos por COVID-19. En concreto, os contaxios alcanzaron os 219 tras detectarse polo menos outros 20 máis respecto da xornada deste xoves e que obrigan a manter unhas 54 aulas pechadas nestas instalacións.

Os datos que manexa a Xunta de Galicia revelan novos centros nos que se detectaron contaxios nos municipios da Coruña, Sada, Ames, Boiro, Lugo, Bande, O Barco, Ourense, Vilanova de Arousa, Tui e Vigo.

Así mesmo, desaparecen da listaxe o CPR Rial de Cee, o IES de Cacheiras de Teo, o CEIP Plurilingüe Concepción López Rei de Baleira, o IES da Cañiza, o CPR Estudio de Nigrán e a escola infantil Dalila de Marín, que este xoves aínda contaban con casos activos por coronavirus.

Entre os novos casos, o CEIP Plurilingüe Concepción Arenal da Coruña rexistrou un positivo, do mesmo xeito que o CEIP de Sada e a súa contorna.

Outros dous centros sufriron casos na área de Santiago: a escola infantil de Milladoiro, en Ames, e o CEIP Santa Baia de Boiro, cun en cada un, xunto a outro que se detectou no CEIP das Mercedes, xa na cidade de Lugo.

No Barco, pola súa banda, un positivo no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa obrigou a pechar unha das unidades do centro. Tamén se constataron contagios no IES Aquis Querquernis de Bande, o CEIP Curros Enríquez e o IES Otero Pedraio, estes dous últimos en Ourense.

O IES Basella e o CEIP Plurilingüe Julio Camba, ambos en Vilanova de Arousa, contan cun caso de COVID-19 en cada un, do mesmo xeito que o CIFP Manuel Antonio e o CPR Plurilingüe Barreiro de Vigo, todos eles sen unidades clausuradas.

Con todo, un novo positivo detectado no CPR Plurilingüe Nº 2 do municipio de Tui obrigou a pechar unha das aulas deste centro.

ZONAS MÁIS AFECTADAS

Os tres centros con máis casos sitúanse en Pontevedra, Ourense e Vigo. O CPR Calasancio segue con seis positivos nas súas instalacións, pero xa reabriu todas as aulas. Doutra banda, CEIP As Mercedes de Ourense conta con cinco positivos e unha unidade pechada, mentres que o CPR María Auxiliadora ten catro contagios e unha unidade afectada.

A Coruña, Pontevedra, Santiago e Vigo, que conta co maior número de unidades clausuradas, son as áreas con maior número de casos nos seus centros, ao contar con 45, 41 e 37 respectivamente. Pola súa banda, Ferrol mantense con 6, Lugo con 25 e Ourense con 28.

ÚLTIMAS

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...