InicioSociedadeNon paran de crecer os positivos na área de Vigo, que xa...

Non paran de crecer os positivos na área de Vigo, que xa é a que máis casos activos ten diariamente de Galicia

PUBLICADO O

Os casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia aumentaron en 11 nas últimas 24 horas tras detectarse 248 novos positivos na Comunidade galega e rexistrarse 233 novas altas, ademais de catro falecementos. Precisamente, a área de Vigo é na que máis crecen diariamente os casos activos en Galicia.

Segundo os datos facilitados este venres pola Consellería de Sanidade, os casos activos baixan nas áreas de Lugo –27 menos–, Ferrol –seis menos– e Santiago –outro catro menos–.

En concreto, dos 4.317 casos activos rexistrados en Galicia, 1.237 corresponden á área sanitaria da Coruña –un máis que este xoves–, 745 á de Lugo –27 menos–, 631 á de Santiago –catro menos–, 611 á de Pontevedra –27 máis– 511 á de Ourense –oito máis–, 406 á de Vigo –12 máis– e 176 á de Ferrol –seis menos–.

Ata o momento, segundo os datos actualizados por Sanidade, curáronse en Galicia 16.297 persoas, o que implica 233 máis que este xoves, e faleceron 705 persoas con COVID-19.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...