InicioSociedadeUn economista inicia unha campaña de doazóns para axudar a un bisauguineano...

Un economista inicia unha campaña de doazóns para axudar a un bisauguineano a estudar na Universidade de Vigo

Polo momento foron recadados uns 7.000 dos 9.000 que custa o prestixioso máster.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Asegurar a asistencia de Jair Fernandes ao prestixioso Máster en Economía da Universidade de Vigo. Esa é a intención do galego Brais Álvarez Pereira, que vén de lanzar unha campaña pública de recollida de fondos para que Fernandes, de orixe bisauguineano, poida acceder ós estudos en cuestión.

A petición de Brais Álvarez, canalizada a través da plataforma online GoFundMe, xurdiu cando Fernandes foi aceptado no curso de posgrado pero sen contar cos fondos necesarios para asumir o seu custe, case 10.000 euros. En poucos días, a petición lanzada por Álvarez conta xa con máis de 7.000€ aportados en distintas cantidades por benefactores de todas as partes do mundo.

UNHA “PROMESA” DA ECONOMÍA

A amizade entre economistas xurdiu cando entre 2016 e 2018 o mozo galego traballou para o Ministerio de Economía e Finanzas en Guinea – Bissau, onde coñeceu a Fernandez. “Foi unha terra que me acolleu como propia”, explica Álvarez na petición.

O contacto con Fernandez permitiulle comprobar que se trataba dunha “promesa” en materia económica. “Impresionoume desde o primeiro día coa súa motivación e dedicación ao proxecto”, explica o galego na campaña. “Dúas conversacións con Jair bastan para comprender de onde saca a determinación e a forza que lle permiten superar tantos grandes obstáculos: o claro obxectivo de contribuír ao progreso do seu país, acompañado da plena convicción de que ese progreso é posible”.

Agora, tal como explica no crowdfunding, o mozo africano está ás portas dun novo reto: “cursar un prestixioso Máster en Economía, na Universidade de Vigo”. Para garantir o acceso de Fernandez, o mozo galego estima en 9.980 o financiamento precisado, tanto para costear directamente o estudos como para garantir a manutención do economista. As doazóns pódense realizar neste enlace.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...