InicioSociedadeA Deputación de Pontevedra esgota en 24 horas as 200 prazas da...

A Deputación de Pontevedra esgota en 24 horas as 200 prazas da camiñada polos Muíños da Fraga, en Moaña

Ademais, encheuse a lista de espera.

PUBLICADO O

As 200 prazas da primeira das rutas que organiza a Deputación de Pontevedra para este verán, que transcorrerá polos Muíños da Fraga, en Moaña, quedaron esgotadas en apenas 24 horas. Ademais, encheuse a lista de espera.

O primeiro itinerario da quinta edición do programa ‘Depoandainas’ de 2020, para o que xa non quedan prazas libres, será o vindeiro domingo 9 de agosto e consistirá nun percorrido circular de 9,7 quilómetros cunha dificultade media.

Debido ás medidas de seguridade derivadas da COVID-19, os participantes deberán desprazarse ata o punto de partida da ruta, onde se lles asignará un monitor e serán repartidos en grupos de ata 25 persoas.

Ademais desta camiñada no termo municipal de Moaña, as ‘Depoandainas’ da Deputación ofrecerá este verán outros dous percorridos, dirixidos a 200 persoas de todas as idades. En concreto, serán pola Fervenza de Callobre, na Estrada –o 30 de agosto–, e polo Val das Fadas, na Cañiza –o 20 de setembro–.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...