InicioSociedadeFeijóo sobre o peche dunha planta de pediatría no Cunqueiro: "O que...

Feijóo sobre o peche dunha planta de pediatría no Cunqueiro: “O que se fai nos hospitais ten unha resposta e unha xustificación”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo este venres que “non ten noticia” de que se vaia pechar unha planta de pediatría do hospital de Vigo, tal e como denunciou CIG-Saúde este mércores e que criticaron duramente o goberno municipal socialista e grupos como o BNG ou Marea.

“Non teño noticia diso pero o que se fai nos hospitais sempre ten unha resposta e unha xustificación“, precisou Feijóo ao ser preguntado por Xornal de Vigo. Non entanto, e fronte as críticas dos colectivos sanitarios de peches de servizos e recurtes en persoal, asegurou que nestes últimos meses o Sergas contratou a máis de 1.700 persoas “para loitar contra a Covid”.

“Supoño que este verán ninguén discutirá que non temos xente traballando. O que ocurre é que cando baixa a programación por vacacións do persoal non hai intención de disminuir o traballo. Máis ben o contrario. Este verán, de feito, faremos máis actividade que os anos anteriores porque temos máis camas libres e temos que ir retomando a actividade programada”, indicou.

En todo caso, xustificou que se tarde máis en retomar a actividade sanitaria porque “é complicado porque agora hai que contrastar con pcr a todas as persoas e iso leva tempo e algunha estadía por riba das anteriores”.

CRÍTICAS

CIG-Saúde denunciou o mércores que a xerencia da área hospitalaria de Vigo decidira pechar unha planta de pediatría sen previo aviso. Unha decisión que foi comunicada á ultima hora do martes, “tan só un día antes da súa posta en marcha”, xa que se fixo efectiva este mesmo mércores, e só foi tras as protestas do persoal que se trasladou información á representación sindical sobre a reorganización da unidade.

Para a CIG-Saúde de Vigo esta medida supón “unha falta de respecto ao persoal do servizo xa que non se lle informou coa suficiente antelación, provocando un gran malestar pola incerteza creada, tanto no aspecto organizativo do servizo como na súa vida persoal”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma “indefinida” pese ao desaloxo da protesta en Madrid

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma "indefinida" malia o desaloxo, levado...

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...