InicioMedio Ambiente e PatrimonioO aire de Vigo sufriu unha mellora "sen precedentes" durante a corentena,...

O aire de Vigo sufriu unha mellora “sen precedentes” durante a corentena, segundo un estudo do Goberno

A cidade rexistrou unha caída do 82% de dióxido de nitróxeno e do 60% de partículas en suspensión como consecuencia da reducción do tráfico, segundo o Ministerio para a Transición Ecolóxica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os niveis de dióxido de nitróxeno (NO2) rexistraron un descenso xeneralizado co parón da actividade e as restricións á mobilidade derivadas do estado de alarma en España. As baixadas chegaron ao 82 por cento na estación de tráfico de Vigo, de acordo cun informe publicado este venres polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

As estacións de tráfico en cidades de máis de 200.000 habitantes de toda España mostraron unha redución media das concentracións de dióxido de nitróxeno (NO2) de preto do 40 por cento respecto de anos anteriores.

A investigación mostra unha “mellora sen precedentes” nos niveis de calidade do aire nas cidades, especialmente no que ao dióxido de nitróxeno (NO2) se refire.

En concreto, para o caso de Vigo, a estación de tráfico recolle descensos acusados das concentracións de NO2 semanais que chegan ata o 82 por cento na semana 18, a última de abril.

PARTÍCULAS EN SUSPENSIÓN

O informe mide en estacións urbanas ou suburbanas de municipios con máis de 200.000 habitantes o comportamento que seguiron dous dos contaminantes con maior incidencia sobre o benestar e a saúde dos cidadáns: o dióxido de nitróxeno (NO2) e as partículas en suspensión inferiores a 10 micras (PM10), ambos os dous relacionados co tráfico e a combustión en procesos industriais. O estudo analiza os resultados por contaminante e a súa relación coa redución do tráfico rodado debido ás medidas adoptadas durante a crise sanitaria.

En canto aos niveis de partículas PM10, en Vigo chegou a rexistrarse un descenso do 60 por cento na semana 25, a mediados de xuño, na estación de tráfico, mentres que A Coruña mostrou baixadas de ata o 46 por cento nas semanas 15 e 16.

En canto aos niveis semanais de NO2 desde o inicio do ano 2020 baixaron unha media dun 57 por cento de redución máxima semanal para todos os municipios analizados, alcanzando incluso unha caída do 80 por cento destas emisións nos municipios de Alacante, Madrid, Las Palmas de Gran Canaria, Vigo e Vitoria-Gasteiz.

En conclusión o estudo revela que as concentracións de NO2 “están vinculadas á dinámica do tráfico”, ante a comparación dos datos de tráfico de acceso ás cidades de Madrid, Málaga, Sevilla, Barcelona, Bilbao, Valencia, Valladolid e Zaragoza, fronte ás concentracións de NO2/ PM10 diarias media dos valores rexistrados nas estacións de tráfico das devanditas cidades.

As máximas reducións de tráfico (que se producen os domingos) levan asociados uns mínimos nas concentracións de NO2 que oscilaron entre 2 e 8 g/m3.

ÚLTIMAS

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...

A Garda Civil investiga a unha veciña de Baiona por explotar e ameazar a mulleres estranxeiras “sen papeis”

A Garda Civil investiga a unha muller residente en Baiona (Pontevedra) como presunta autora...