InicioSociedadeFamiliares de maiores de Aldán: “Queremos que se nos diga porque houbo...

Familiares de maiores de Aldán: “Queremos que se nos diga porque houbo mortos nos centros sen que se derivasen aos hospitais”

Colocan 38 velas e 38 flores para lembrar os mortos por Covid-19 na residencia de Aldán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación REDE, ( composta por asociacións de usuarios e familiares de residencias e dependencia ), realizaron este domingop unha nova marcha con vehículos polo centro de Cangas que rematou ças portas da residencia do DomusVi-Aldán onde se colocaron 38 velas e 38 flores en lembranza dos 38 falecidos na mesma.

“Denunciamos que a día de hoxe aínda non sabemos oficialmente, nin sequera, a cifra de mortos na residencia de Aldan nin de ningunha outra”, denunciaron os familiares no manifesto que leron diante da residencia.

Así, criticaron que a xunta de Galicia ten moita presa “por pasar páxina” da traxedia e, por iso, “están deixando fora do sistema novamente aos dependentes” porque non se están tendo en conta as secuelas padecidas.

Queremos que se nos diga por que dos 274 mortos de residencias, mais de 130 morreron dentro delas sen que se derivasen aos hospitais, por que se lles negou unha oportunidade cando máis o precisaban e quen decidiu que se lle podían arrebatar os seus dereitos”, criticaron.

CORRUPCIÓN”

Rede insiste en que, a dia de hoxe, aínda está agardando que a Xunta se “digne a dirixirse aos familiares”. Ademais, pide que deixen de velos “como elementos hostís cando non somos máis que vítimas da privatización e da corrupción da administración”.

Da privatización porque a privatización converte aos dependentes nunha mera mercadoría coa que especular e enriquecerse, da corrupción da administración porque hai unha relación directa e evidente entre que a Conselleira de Política Social, que mirou para outro lado ante todo tipo de incumprimentos e o elevado número de contaxios e mortes nestes centros”, concluíron.

ÚLTIMAS

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...

O BNG esixe o fin da licitación do bus en Vigo para evitar pagar “un 90 % máis polo mesmo”

O grupo municipal do BNG volveu a reclamar este xoves que se desista do...