InicioSociedadeFeijóo "somos maiores de idade" para destinar os fondos de educación do...

Feijóo “somos maiores de idade” para destinar os fondos de educación do Goberno “ao que queiramos”

Insiste en pedir outro protocolo para os colexios fronte ao documento "xenérico" do Goberno que pide menos alumnos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este venres distribuír os fondos que reparte o Goberno central, nomeadamente en educación, segundo “as necesidades” da Xunta e non segundo o criterio de reparto de Madrid.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo matizou que dixera na xuntanza cos presidentes autonómicos que quere utilizar os fondos de educación para outras cousas. “Non se pediu permiso para os fondos de educación, senón para que eses fondos poidan ser utilizadas en diferentes áreas”, dixo. Neste sentido, lembrou que se anunciaran entre 50 e 60 millóns para políticas sociais “que xa non están”. “Lóxicamente nin as entidades, nin nós compartimos que non se destinen nada para esta área”, xustificou.

“Non queremos quitar nada a educación, pero que nos deixen a nós, que somos maiores de idade, destinar o diñeiro para que o queiramos, sexa para temas educativos, sanitarios ou de política social”, dixo.

Podes ler toda a información en Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...