InicioSociedadeFalece un dos maiores da residencia de San Pedro de Crecente

Falece un dos maiores da residencia de San Pedro de Crecente

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 aumentou en 66 desde este mércores ata os 6.085, o que supón un un por cento máis que a xornada pasada, e as altas incrementáronse en 85 para situarse nas 1.383.

Por outra banda, o falecemento de tres persoas en residencias de maiores nas últimas horas elevou a 405 o número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia, segundo os datos que comunicou este xoves a Consellería de Sanidade.

Así, as autoridades sanitarias informaron da morte de dous residentes no centro Claudina-Somoza da Coruña e dun terceiro, na residencia de San Pedro de Crecente (Pontevedra). Con este tres falecementos, ascenden a 95 as mortes rexistradas en residencias de maiores. Así mesmo, Sanidade sinalou que, ademais dos 95 falecidos en residencias de maiores, hai outras 86 persoas vinculadas a centros residenciais que morreron, ou ben en hospitais, ou ben en residencias integradas. Por tanto, do total de falecidos, hai 181 persoas vinculadas con centros residenciais.

Con respecto aos hospitais galegos e tras as 11 mortes comunicadas este mércores, o balance ascende polo momento a 310 falecidos: 93 en hospitais da área sanitaria da Coruña, 63 na área de Vigo, 59 mortes na área de Ourense, 42 falecidos na área sanitaria de Santiago, 20 en Ferrol, outros 21 en Lugo e 12 falecidos na área de Pontevedra.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...