InicioSociedadeO CAPD de Redondela concentra a maioría de casos positivos dos centros...

O CAPD de Redondela concentra a maioría de casos positivos dos centros para persoas con discapacidade

Xa son 40 as persoas con algún tipo de discapacidade afectadas por COVID-19 e 32 os traballadores que tamén padecen este virus.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) do municipio pontevedrés de Redondela concentra a maior parte dos casos positivos de coronavirus que apareceron en Galicia en establecementos deste tipo.

Segundo os últimos datos remitidos pola Consellería de Política Social, xa son 40 as persoas con algún tipo de discapacidade afectadas por COVID-19 e 32 os traballadores que tamén padecen este virus.

O CAPD de Redondela acumula 26 dos 40 casos entre usuarios, é dicir, o 65 por cento do total. O resto detectáronse no CAPD de Sarria (7), en Residencia Dano Cerebral Cruz Vermella de Castro de Rei (3), en Santa Cruz San Rosendo de Ourense (2), en Aspronga de Oleiros (1) e en Aixiña de Ourense (1).

Con respecto á pasada xornada, o número de casos aumentou un 8,1%. Un incremento menor deuse entre os empregados, que só rexistraron unha persoa máis, 32 en total.

15 deles conforman parte do persoal do CAPD de Redondela, nove son do CAPD de Sarria e despois hai un caso en cada unha das seguintes residencias: CAPD A Coruña, Vivenda Tutelada Aspas (Santiago), Amicos (Boiro), Souto de Leixa (Ferrol), Coral Seoane (Ferrol), DomusVi Bóveda, San Vicente de Paúl (Lugo) e Vivenda Tutelada Ágora (Monforte).

ÚLTIMAS

A homenaxe ás vítimas do franquismo na illa de San Simón urxe a súa declaración como lugar de memoria

A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) celebrou este domingo na illa de San Simón, onde reuniu...

Trueno envolto nunha treboada de fans apaixoados en Castrelos nunha noite con referencias ao Celta de Vigo

Unha lúa temperada, milleiros de rapaces e rapazas ocupando cada recuncho da lomba de...

O tráfico de mercadorías do Porto de Vigo rexistra nova marca histórica

O Porto de Vigo pechou o primeiro semestre deste ano con novas "marcas históricas",...

Caballero esixe á Xunta que remate co maltrato á educación viguesa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve "intolerable" que a Xunta "maltrate a educación...