InicioSociedadeO Sergas copia a iniciativa dos traballadores do Meixoeiro e fará test...

O Sergas copia a iniciativa dos traballadores do Meixoeiro e fará test rápidos en todas as áreas sanitarias

Só se pode realizar con cita previa e recomendación médica

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde implantará en todas as áreas sanitarias o novo sistema habilitado para realizar as probas do coronavirus aos pacientes desde os seus propios vehículos e sen que teñan que baixarse dos mesmos. Unha iniciativa que esta semana decidiron poñer en marcha os traballadores do Hospital do Meixoeiro.

Con todo, o Sergas aclara que as autoridades sanitarias só farán este test ás persoas que teñan prescrición facultativa e cita previa. O facultativo teñen que prescribir a realización deste test no marco dos criterios establecidos nos protocolos e quedará rexistrado na historia clínica electrónica do paciente. Con esta medida, remarca Sanidade, búscase complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio, que viron como aumenta a súa demanda nos últimos días.

O novo sistema, coordinado e priorizado polo servizo de Medicicna Preventivo dos hospitais, permite axilizar tempos, xa que posibilita que os cidadáns se despracen en coche ao hospital, e ademais diminúe a utilización dos equipos de protección individual (EPI), xa que mentres cada visita a domicilio supón un cambio de EPI, os profesionais van utilizar un só equipo por quenda de traballo, sen necesidade de cambialo con cada paciente.

Na actualidade, este test xa funcionan en Vigo, Ourense e Lugo. Está previsto que este venres empece na Coruña e Pontevedra, e o luns, en Santiago e Ferrol.

061, PARA CASOS GRAVES E EMERXENCIAS

Nun comunicado, a Consellería de Sanidade lembrou, ademais, que os cidadáns deben recorrer ao número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Ademais, o Sergas ten a disposición dos cidadáns a web ‘https://coronavirus.sergas.gal‘, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...