InicioSucesosA fiscalía pedirá prisión para o pirotécnico de Tui, tras atopar máis...

A fiscalía pedirá prisión para o pirotécnico de Tui, tras atopar máis zulos preto de vivendas e con miles de quilos de explosivos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ministerio Fiscal pedirá o ingreso en prisión para F.G.L., investigado por un xulgado de Tui por homicidio imprudente e risco catastrófico, entre outros delitos, após a explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico, e que foi detido este luns por segunda vez, ao atoparse esta fin de semana dous novos zulos onde depositaba ilegalmente outros 1.600 quilos deste tipo de sustancias.

Fontes de Fiscalía confirmaron a Europa Press que, unha vez que o detido pase a disposición xudicial, trámite previsto para este martes pola mañá, interesará o seu ingreso en prisión.

Na súa primeira comparecencia ante o xulgado, após ser detido o pasado mércores, o xuíz optou por deixar en liberdade provisional a F.G.L., ao que atribúe os supostos delitos de homicidio imprudente, lesións imprudentes, danos imprudentes e risco catastrófico na modalidade de risco por explosivos e outros axentes. Naquel momento, a maxistrada decretou para o investigado a medida cautelar de comparecencias os días 1 e 15 de cada mes.

O dono da pirotecnia La Gallega foi detido por primeira vez na parroquia de Paramos, na ‘zona cero’ da explosión e poucas horas despois da traxedia que custou a vida a un matrimonio de orixe marroquí, causou máis dunha trintena de feridos, e cuantiosos danos materiais.

A pasada fin de semana, a Garda Civil localizou dous almacéns ilegais de explosivos na parroquia de Baldráns, onde se sitúa a empresa do investigado. En total, había uns 1.600 quilos de sustancias pirotécnicas depositadas ilegalmente, en dous ‘zulos’ rodeados de vivendas.

Como consecuencia deses achados, F.G.L. foi detido por segunda vez este luns pola mañá, polos delitos de tenza de explosivos e risco.

ÚLTIMAS

A comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra os recortes no ensino

Federacións de Anpas, Asembleas Abertas do Ensino Público e outros colectivos da comunidade educativa...

Caballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta e ao PP de frear a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que manterá o próximo 2 de marzo...

Caballero anuncia un acordo “moi preto” para recuperar o voo Vigo-Londres e reta á Xunta e á Deputación a cofinancialo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves o próximo peche dun acordo...

O PP leva ao pleno a declaración da Reconquista como Festa de Interese Internacional mentres o goberno local asegura que xa está en marcha

O PP de Vigo anunciou este xoves a presentación dunha moción para o seu...