InicioMedio Ambiente e PatrimonioRecuperan as firmas e debuxos que os presos republicanos fixeron no Mosteiro...

Recuperan as firmas e debuxos que os presos republicanos fixeron no Mosteiro de Oia durante a Guerra Civil

Máis de 5.000 persoas estiveron apresadas entre 1937 e 1939 no complexo pontevedrés, fundado no século XII.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Debuxos, calendarios, firmas e proclamas dos presos que, durante a Guerra Civil, incribieron nas paredes do mosteiro de Santa María de Oia (Pontevedra) foron recuperados e formarán parte dunha exposición no complexo monástico do sur de Galicia, fundado no século XII.

Unha mostra que pretenda ser unha homenaxe ás máis de 5.000 persoas que, traídas desde toda da xeografía española, foron encarceradas en Oia entre os anos 1937 e 1939. Nas paredes do mosteiro, con máis de 800 anos de historia, os presos plasmaron os seus recordos, angustias e creatividade que, a través dun preceso de extracción e restauración, agora recupérase para a súa posta en valor.

Durante máis de 1.500 horas de traballo dun equipo especializado supervisados por expertos de Patrimonio rescatáronse os grafitos da época na que Oia serviu de cárcere para o bando fraquista. Trátase, en palabras dos actuais propietarios do complexo, “da maior actación de recuperación da memoria histórica en Galicia”, para a que se investiron 300.000 euros.

A inauguración terá lugar o sábado 16 de novembro e nela renderase homenaxe a Joan Salvador, o último sobrevivente dos presos do que se ten constancia.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón converter o Ifevi nun recinto de grandes concertos para salvar o bosque de Navia

O BNG de Vigo puxo sobre a mesa unha alternativa para que a cidade...

Abel Caballero reclama á Deputación de Pontevedra unha débeda de 50 millóns e acusa á institución de infrafinanciar Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este venres á Deputación de Pontevedra unha...

A Xunta insta ao Concello de Vigo a actuar tras detectar niveis elevados de chumbo na auga en Beade

A Xunta de Galicia solicitou ao Concello de Vigo que adopte medidas correctoras despois...

Temporal.- Vigo volve quedar sen tren por segundo día consecutivo

Renfe informou de que este venres se manterá a suspensión de trens con orixe...