InicioSociedadeA Xunta e o Celta únense na loita contra a violencia de...

A Xunta e o Celta únense na loita contra a violencia de xénero

O clube porá vídeos e cartelaría tanto no estadio como nas súas redes sociais, e organizará actividades especiais .

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a través da secretaría xeral para o Deporte, e o Real Club Celta de Vigo asinaron este martes un convenio de colaboración para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

O acordo foi ratificado en Vigo polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e polo presidente da entidade celeste, Carlos Mouriño, e servirá para que o club apoie a difusión dunha campaña de loita contra a violencia machista.

Así, a través da difusión de vídeos e cartelaría tanto no estadio como por medio das súas redes sociais, así como do desenvolvemento de actividades especiais (haberá unha iniciativa nese sentido no partido do próximo 3 de novembro ante o Xetafe), o Real Club Celta contribuirá a estender a mensaxe de que, ante esta violencia, a única resposta é “non”, achegando a súa imaxe, a dos xogadores e o corpo técnico nesa campaña.

Lete Lasa agradeceu a implicación do Celta nesta campaña, que permitirá unir “igualdade e deporte”, e incidiu en que o fútbol é “un escaparate extraordinario” para difundir esta mensaxe de rexeitamento á violencia de xénero. “Entre todos, este partido ímolo a gañar”, proclamou.

Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que tamén estivo presente no acto de firma do acordo, incidiu na importancia de que, no marco desta loita, a xente nova e a sociedade en xeral teñan “modelos” e “referentes”, como poden ser os deportistas.

Finalmente, o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, comprometeu a implicación da entidade para pór fin a unha secuela que está “lacerando día a día” á sociedade, e sinalou que o club celeste “sempre estará aí” para pór o seu gran de area na batalla contra a “desigualdade, a discriminación de xénero, os homicidios e os malos tratos”.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...