InicioSociedadeA parroquia viguesa de Valadares recrea este domingo unha peregrinación labrega a...

A parroquia viguesa de Valadares recrea este domingo unha peregrinación labrega a Santiago

PUBLICADO O

- Advertisement -

Baixo o título ‘Pasiño a pasiño imos facendo o camiño a Santiago’, os veciños da parroquia viguesa de Valadares recrearán este domingo, día 13 de outubro, unha peregrinación labrega a través dunha variante do Camiño Portugués do Norte que transcorre por varios dos espazos naturais da zona.

A actividade, que se enmarca dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, comezará ás 10,30 horas no campo de fútbol da Gándara e fará a súa primeira parada sobre as 10,45 horas para escoitar unha breve presentación deste camiño, tras o que partirán acompañados das actuacións dos Trobadores Aldaiña de Candeán e O Cego de Matamá.

A seguinte parada será ás 12,00 horas no Centro Veciñal da parroquia, onde estará a banda de música Unión Musical de Valladares actuando cun repertorio alusivo ao Xacobeo.

Tras percorrer varios lugares como a antiga casa do Peregrino e comer na área fluvial dos Muíños do Redondo, a ruta terminará ao redor das 18,00 horas nas proximidades do Hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...

Praia de A Calzoa, en Vigo: crónica dunha morte anunciada

A duna da Praia da A Calzoa, un dos sistemas dunares máis relevantes do...

Abel Caballero celebra a condena a Audasa e reclama a gratuidade da AP-9 tras a sentenza sobre as peaxes de Rande

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou este sábado a sentenza da Audiencia Provincial...

Vigo será sede do IV Global Sustainable Seafood Galicia Forum o 28 de abril

A Xunta de Galicia anunciou este luns que Vigo acollerá o próximo 28 de...