InicioSociedadeOs traballadores de Povisa denuncian que a empresa lles ocultou as negociacións...

Os traballadores de Povisa denuncian que a empresa lles ocultou as negociacións para a venda do hospital

Os representantes sindicais temen polo mantemento dos empregos se o hospital é vendido a Ribera Salud, qen mans da multinacional seguros de saúde norteamericano Centene Corporation. Piden que o Sergas absorba o hospital.

PUBLICADO O

A inminente venda do hospital privado Povisa –do Grupo Nosa Terra 21– a Ribera Salud caeu como unha lousa entre os traballadores, que se enteraron polos medios de comunicación.

Reunidos en asemblea urxente no mediodía deste martes, os traballadores temen que esta venda supoña a perda de postos de traballo.

Os empregados denuncian falla de información por parte da dirección, á que piden unha reunión. Mais a empresa só semella disposta a falar cos traballadores unha vez que se peche o futuro do hospital.

Só “dez días antes” de que a noticia da venda saltase aos medios, os representantes dos traballadores mantiveron unha reunión coa dirección para coñecer o balance económico da empresa, no que se lles explicaron “as perdas” e “a ruína” do hospital.

Naquel encontro, a dirección negou negociacións para a venda do hospital, segundo comité de empresa, por iso se amosan agora contrariados e críticos pola inminente operación que se lles ocultou. “É unha falta de respecto aos traballadores”, denuncian os representantes sindicais.

“NON É PARA ESTAR TRANQUILOS”

Malia a mensaxe de “tranquilidade”  que a dirección quere transmitir aos traballadores, a través dos xefes de servizo, estes aseguran que “non é para estar tranquilos” a situación actual, máis tendo en conta que se pretende vender o hospital a unha empresa, Ribera Salud, que está en mans da multinacional seguros de saúde norteamericano Centene Corporation.

Por iso, os empregados temen que, ante os criterios economicistas dunha corporación deste tipo, quen acabe prexudida sexa “a clase traballadora”. “Se non hai beneficios, van enriba dos traballadores”, advirten desde o comité.

Os representantes dos traballadores garanten que haxa ou non venda, o convenio colectivo actual se manterá.

ABSORCIÓN POLO SERGAS

O comité de empresa avoga, ademais, por que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) absorba o hospital ao considerar que non “ten sentido” que “outra empresa privada” se faga cargo deste centro do que o “90%” dos seus pacientes proceden da sanidade pública.

Ademais, os traballadores acordaron solicitar reunións coa Xunta para abordar esta posible venda e a situación do persoal.

“Se non hai contestación destas entidades presentarémonos no Sergas para esixir explicacións de por que permiten a venda a terceiros”, asegurou.

DÚBIDAS SOBRE A LIMPEZA DOS DIRECTIVOS DE RIBERA SALUD

Os representantes sindicais acudiron á reunión con documentación que pon en entredito a limpeza das figuras dos homes que dirixen Ribera Salud. En concreto, informacións referidas, por exemplo, a cando o grupo Podemos de las Corts solicitou ao xuíz que investiga a B2B –central de compras de Ribera Salud, polo presunto cobro de mordidas tras unha denuncia da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais (UDEF) da Policía Nacional– que citase a declarar como imputados a Alberto de Rosa, director xeral de la empresa, e a Pablo Gallart, director de finanzas.

En 2016, abriuse unha investigación xudicial a Ribera Salud tras unha denuncia por cobro de comisións nas próteses. A policía, segundo o seu informe, cría que a cúpula desta empresa, que xestiona a maioría de hospitais valencianos privatizados, puido cometer os delitos de prevaricación e malversación de fondos públicos ao cobrar comisións de maneira irregular, e ás costas da Generalitat, a varios dos seus provedores.

Malia o informe policial, o Xulgado de Instrución número 4 de Valencia sobreseeu en 2018 provisionalmente a causa na que se investigaba o suposto cobro de comisións ás mercantís provedoras de material ortoprotésico para os hospitais que xestiona esta empresa.

O instrutor concluís que non había indicios dos delitos de malversación, suborno e corrupción nos negocios que se estaban investigando desde maio de 2016.

A especulación planea sobre o futuro de Povisa, o gran hospital privado de Vigo

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...

Vallejo Torres toma posesión como novo fiscal xefe de Vigo, co compromiso da protección “aos máis vulnerables”

Óscar Vladimir Vallejo Torres tomou este venres posesión do seu cargo como novo fiscal...