InicioCatro millóns e medio de ameixas sementadas na praia de Rodeira

Catro millóns e medio de ameixas sementadas na praia de Rodeira

A Conselleira de Mar, Rosa Quintana afirmou que nos próximo ano repoboaranse 170.000 metros cadrados de superficie para bancos marisqueiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As axudas convocadas pola Consellería do Mar, e financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a conservación e rexeneración de ecosistemas mariños, permitirán repoboar, nas anualidades de 2019 e 2020, case 170.000 metros cadrados de superficie para bancos marisqueiros.

Así o trasladou a conselleira Rosa Quintana, que este xoves visitou a praia de Rodeira, en Cangas onde a Asociación de Marisqueo á boia Ría de Vigo leva a cabo un proxecto de rexeneración do banco marisqueiro, que consiste en descompactar 30.000 metros cadrados de substrato e sementar 4,5 millóns de unidades de ameixa babosa.

Esta asociación é unha das beneficiarias de novos proxectos de repoboación na convocatoria de axudas deste ano, proxectos que serán desenvolvidos por oito confrarías en bancos das súas respectivas zonas, e nos que se sementarán case 20 millóns de unidades de ameixa fina e babosa.

Os traballos enmárcanse na primeira resolución da convocatoria de axudas financiadas pola FEMP, publicada recentemente no DOG e que suporá a repartición de máis de 680.000 euros. Nesa primeira resolución valoráronse os proxectos presentados ata o 1 de marzo, pero haberá unha segunda resolución coas solicitudes presentadas ata o 1 de setembro; as recibidas despois, quedarán para a seguinte convocatoria.

Ademais da Asociación de Marisqueo á boia Ría de Vigo, tamén se beneficiarán destas ‘sementeiras’ de ameixa as confrarías de Pontedeume, Camariñas, A Illa de Arousa, Cambados, Vigo, O Grove e Redondela. En total, na convocatoria de axudas de 2019, a Consellería do Mar aprobou 19 proxectos colectivos, e beneficiaranse 13 entidades, a maioría confrarías de pescadores.

Ademais da repoboación de especies autóctonas, na resolución tamén se inclúen traballos de eliminación de substrato ou achegue de áridos para favorecer a reprodución de organismos mariños.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...