InicioSociedade'Móllate pola esclerose múltiple', un evento que busca a sensibilización e recadar...

‘Móllate pola esclerose múltiple’, un evento que busca a sensibilización e recadar fondos este domingo en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A campaña solidaria ‘Móllate pola esclerose múltiple‘ celebrará a súa segunda edición para promover a sensibilización social acerca desta enfermidade e recadar fondos en Vigo, este domingo, 14 de xullo.

Esta é a segunda convocatoria do evento que organiza a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (Avempo) para “visibilizar a enfermidade” que afecta a máis de 3.000 persoas en Galicia, segundo comunicou a propia asociación nunha nota de prensa.

Ademais, Avempo tamén busca conseguir doazóns que lles permitan seguir cos seus obxectivos de “axudar, informar e mellorar a calidade de vida dos afectados” pola doenza e a súa contorna.

Así, organizaron unha xornada solidaria chea de actividades lúdicas, de carácter familiar e gratuíto para este domingo, 14 de xullo, na piscina ‘Ponte de Rande’, desde as 11,00 da mañá ás 21,00 horas.

Os asistentes poderán gozar de clases de ximnasia e zumba acuática, campionato de brilé na piscina e “mergullos solidarios” pola esclerose múltiple, todo amenizado con música desde o primeiro momento. Tamén haberá postos de merchandising e mesas informativas onde se poderán realizar donativos.

Este tipo de iniciativas celébranse cada ano en máis de 900 praias e piscinas de toda España e serven para visibilizar unha enfermidade que afecta ao redor de 55.000 persoas en todo o país, para o que aínda non existe cura e descoñécense as súas causas.

ÚLTIMAS

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...