InicioSociedadeA ría de Vigo acolle o 20 de xullo a I Regata...

A ría de Vigo acolle o 20 de xullo a I Regata Solidaria pola Inclusión Social de persoas con discapacidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ría de Vigo acollerá o 20 de xullo o evento ‘Vigo a Vela‘, a primeira edición da Regata Solidaria pola Inclusión Social de persoas con discapacidade, na que participarán membros de varias entidades sociais e na que se recadarán fondos en beneficio de tres ONG de carácter solidario.

A regata foi presentada este martes por Diego Maraña, responsable da consultora Mundinova, promotora do evento, en colaboración co Real Club Náutico de Vigo, Sailway, Fundación Once e outras empresas e entidades.

Segundo explicou Maraña, a regata constará dunha travesía de 15 millas bordeando a costa, na que participarán 10 embarcacións, cuxas tripulacións serán mixtas. Así, ademais dos regatistas habituais, en cada barco navegarán cinco persoas con discapacidade intelectual ou física de diversas entidades (Fundación Once, Down Vigo, Discamino, Fogar San Rafael, Aspanaex, ou o equipo de fútbol Celta Integra).

Ademais, os deportistas Desirée Vilas e Chano Rodríguez serán os padriños desta primeira regata e formarán parte tamén das tripulacións. Por outra banda, e ademais da experiencia deportiva, recadaranse fondos con fins solidarios a través da plataforma migranodearena.org, e o diñeiro que se reúna destinarase á ONG Discamino (para a adquisición dunha nova bicicleta adaptada), Fundación Amedis (para un programa de uso de novas tecnoloxías) e a Unoentrecienmil (para axudar a financiar unha bolsa de investigación sobre leucemia infantil).

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...