InicioSociedadeUnha vintena de gatos frean o derrubamento da nave de Cordelerías Mar

Unha vintena de gatos frean o derrubamento da nave de Cordelerías Mar

Un grupo de activistas na defensa dos animais traballou no seu rescate.

PUBLICADO O

O derrube é imparable, pero unha vintena de gatos rueiros conseguiron frear a demolición da antiga nave de Cordelerías Mar, en Jacinto Benavente.

Para o inicio do derrubamento agardábase a presenza do alcalde vigués, Abel Caballero, pero a presenza de activistas do partido animalista PACMA e da asociación Gatiños da Rúa, e a presión para retrasar a demolición fixeron que o rexedor non aparecese.

Os animalistas estiveron traballando durante a pasada noite e durante a mañá deste martes na recollida dos animais, que formaron unha colonia neste edificio. Tras rescatar a dez, outros nove quedaban aínda esta mañá dentro da antiga nave, polo que os activistas, acompañados por un avogado, conseguiron frear temporalmente a demolición, até salvar todos os gatos.

O derrubamento iniciouse hoxe, para preparar o espazo para a construción dun complexo residencial.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...