Un veciño do municipio pontevedrés de Nigrán faleceu este martes por mor das picaduras de exemplares de vespa velutina que tiveran lugar hai meses en Vigo.
En declaracións a Europa Press, o alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez, confirmou que este home se atopaba en coma debido a este suceso, ocorrido hai varios meses. O rexedor desta localidade pontevedresa detallou que esta persoa era alérxica á picadura desta clase de insectos cando sufriu o accidente.
Juan Antonio González lembrou que o suceso tivo lugar hai meses, mentres o home, que rexentaba o bar da parroquia de Chandebrito, rozaba un terreo nunha zona rural de Vigo e tropezou cun niño destes insectos.