InicioMovementos SociaisA veciñanza de Pazos de Borbén denuncia o abandono do seu centro...

A veciñanza de Pazos de Borbén denuncia o abandono do seu centro de saúde por parte do Sergas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de veciños de Pazos de Borbén (Pontevedra) concentrouse este venres ante o centro de saúde desta localidade para denunciar as carencias do servizo, e para reclamar unha sanidade “pública e de calidade”.

Segundo denunciou a agrupación de electores Alternativa Veciñal, nos últimos meses este centro de saúde “estivo saturado e sen atención, cambiando cada pouco tempo o único facultativo asignado”. Por iso, organizaron esta concentración, que contou tamén co apoio do outro edil da oposición (un concelleiro socialista) e representantes do BNG.

Os convocantes denunciaron que “a situación é cada vez máis grave”. Así, “antes había unha única facultativa, que estaba obrigada a cubrir as urxencias, polo que durante os desprazamentos o centro quedaba desatendido”, segundo explicou Luciano Otero, portavoz de AV.

“Pero imos a peor”, engadiu, e sinalou que agora hai un médico “que xa non está todas as horas, habendo días que non está toda a mañá”. En consecuencia, apuntou, os veciños que necesitan asistencia deben desprazarse a Redondela.

AV criticou tamén que o alcalde de Pazos, Andrés Igrexas (PP), e un dos concelleiros do goberno “deixáronse ver” na concentración deste venres, o que xerou “malestar” entre os presentes.

Os representantes da oposición afearon ao rexedor que fose “a facerse a foto” cando “non fai nada por atender as demandas dos veciños” no que respecta aos problemas de atención sanitaria.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...