InicioSociedadePiden medidas contra a pobreza enerxética, cando a luz xa subiu un...

Piden medidas contra a pobreza enerxética, cando a luz xa subiu un 25% desde 2017

PUBLICADO O

Asistimos a unha constante escalada de prezos na enerxía eléctrica. En Galicia, no ano actual, xa se supera en máis do 25% o prezo do ano 2017. “Nesta realidade, máis de 250.000 galegos están en situación de pobreza enerxética e soamente 2.500 familias recibiron o chamado bono eléctrico”, lembran desde Compromiso por Galicia.

Diante da inminente chagada do inverno, dende Compromiso por Galicia dirixíronse á FEGAMP (Federación Española de Municipios e Provincias), para propoñer unha medida concreta en Galicia.

Polo tanto, solicitan a creación dunha ordenanza común de mínimos para os Concellos galegos, que regule o prezo dos voadiños e postes das liñas eléctricas. O recadado por este sistema se transformaría nunha axuda directa as familias para investir en aforro enerxético e custes.

Activistas contra a pobreza
David, no asilo de Vigo, carentes de luz e auga e durmindo en tendas/ Miguel Nuñez

Dentro da ordenanza, piden gravar de forma máis dura aquelas liñas de servizo para empresas produtivas cuxa razón social estea fora de Galicia, como incentivo para o asentamento real das nosas empresas.

“Galicia é unha produtora de primeiro nivel de enerxía, non é lóxico que sexamos os que máis paguen pola enerxía diante da pasividade de gobernos de PP e PSOE nas administracións competentes”, concluíron.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...