InicioSociedadeUnha fronteira para os 'sen teito' en Vigo

Unha fronteira para os ‘sen teito’ en Vigo

PUBLICADO O

Nas escaleiras do edificio dos Pescadores, do Barrio de Torrecedeira, instalouse un valo para evitar unha realidade que os veciños levaban meses denunciando, sen recibir contestación algunha por parte do Concello. A dos centos de persoas que semana tras semana se sentaban nelas para beber alcol, chegando a mexar ou pelexar nas mesmas.

Torrecedeira patio interior de Torrecedeira / Miguel Nuñez

O albergue está fronte ao lugar e centos de persoas quedan fóra del cada mes, 201 en agosto, moitas delas con problemas de bebida. Tanto a Acampada contra a pobreza, por tódalas persoas que non caben no edificio do albergue e teñen que durmir nas rúas, como os veciños de Torrecedeira, para evitar este tipo de situación, claman pola creación doutro albergue que se sume a este, noutra zona da cidade.

edificio dos pescadores
edificio Dos pescadores, patio interior na zona de torrecedeira /Miguel Nuñez

Non chegou a contestación por parte do ente municipal, si o “parche”: este valo que non soluciona o problema e dificulta o tránsito de persoas pero aforra aos veciños unha pequena parte das incomodidades que sofren.

Patio interior bloque dos pescadores Torrecedeira / Miguel Nuñez

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...