InicioMedio Ambiente e PatrimonioSon as tubaxes que conducen a auga das EDAR ata o mar...

Son as tubaxes que conducen a auga das EDAR ata o mar a única solución para evitar as verteduras?

Ecoloxistas en Acción presenta unha guía sobre emisarios mariños na que apuntan a que "non poden ser a única solución para as verteduras".

PUBLICADO O

“Emisarios submariños: breve guía” é un documento elaborado por Ecoloxistas en Acción Rías Baixas no que fan un percorrido polas implicacións desas tubaxes que conducen a auga das EDAR situadas na costa ata o mar. A guía realizada pola organización ecoloxista recolle dende información básica sobre o que son ata as alternativas de usos que ofrecen.

Ecoloxistas en Acción Rías Baixas explica que estes puntos finais no sistema de saneamento ou evacuación cumpren o obxectivo de dispersar os contaminantes emitidos a fin de evitar un risco para a saúde humana e para os ecosistemas xa que “o osíxeno disolto, a súa alta salinidade e a exposición á radiación solar, confiren á auga do mar o poder bactericida capaz de eliminar as bacterias e substancias contaminantes expulsadas polo efluente”. Pero, denuncia a entidade ecoloxista, “o efluente ao medio mariño das EDAR realízase en moitos casos mediante emisarios submariños con graves deficiencias debidas tanto ao mal estado dos emisarios como a insuficiente calidade da auga que sae das EDAR”.

A organización ecoloxista sinala que son frecuentes as alertas pola aparición de “manchas marróns” nas costas, xa sexa pola ausencia dos emisarios submarinos ou pola súa rotura. Isto, ademais, xera críticas por parte da cidadanía, que está a pagar unha taxa de depuración a través dos seus impostos, mentres pode apreciar “con absoluta claridade” a contaminación xerada polo efluente.

A organización ecoloxista recalca que os emisarios submariños “non son elementos inocuos capaces de facer milagres sen ningún tipo de afección ao medio”. Que non só afectan á fauna e a flora, afectan tamén as correntes, a temperatura, a salinidade e os usos costeiros, entre outros, sen esquecer tamén as consecuencias do seu mantemento ou os danos producidos por episodios de fortes choivas.

En Ecoloxistas en Acción Rías Baixas consideran que para manter a biodiversidade das nosas rías os emisarios submariños non poden ser a única solución para as verteduras. Sinalan que hai alternativas para a reutilización das augas residuais que permiten garantir á cidadanía un control da calidade do efluente que se verte ao medio.

Por iso, a organización ecoloxista demanda que se aumente substancialmente a reutilización das augas residuais depuradas que se verten directamente ao mar, para os diferentes usos, sempre que substitúan recursos procedentes de fontes convencionais. Así poderían servir para aliviar a sobreexplotación que actualmente sofren os ríos e acuíferos costeiros, que ademais cada vez están máis prexudicados pola intrusión mariña.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...