InicioEconomíaO BNG pide a intervención pública en Barreras

O BNG pide a intervención pública en Barreras

O Bloque expón a creación dunha mesa do naval para a ría de Vigo, xa que a construción e a reparación naval constitúen "unha actividade estratéxica" para a industria desta comarca.

PUBLICADO O

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, urxe ao Goberno central a intervención pública en Barreras, tras manter unha reunión coa CIG Naval para pór en común as iniciativas rexistradas no Congreso.

Ante a situación “de grave crise do sector”, Rego pide intervir para manter a actividade e os postos de traballo, ademais de propor o impulso dun holding público-privado entre os distintos estaleiros, empresas auxiliares e empresas transformadoras do metal.

Así mesmo, o Bloque expón a creación dunha mesa do naval para a ría de Vigo, xa que a construción e a reparación naval constitúen “unha actividade estratéxica” para a industria desta comarca.

Na reunión participaron o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas; o responsable local Serafín Otero e a deputada no Parlamento Carme González.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...