Home Sen categorizar O colectivo FVCK trae a Vigo o ‘Flaneurismo’ do fotógrafo Francisco Úbeda Llorente

O colectivo FVCK trae a Vigo o ‘Flaneurismo’ do fotógrafo Francisco Úbeda Llorente

0
O colectivo FVCK trae a Vigo o ‘Flaneurismo’ do fotógrafo Francisco Úbeda Llorente
'Flaneurismo', fotografias de Francisco Ubeda Llorente / © Miguel Núñez.

O colectivo FVCK estrea as súas actividades en 2020 traendo a Vigo a obra de Francisco Úbeda Llorente (Almería 1981), fotógrafo fincado en Madrid, cunha traxectoría de 20 anos, que agora expón na Sala de Fotografía Sargadelos, na rúa Urzáiz 17, o seu último proxecto: “Flaneurismo”.

Francisco Úbeda Llorente percorreu durante tres anos a noite para captar os máis singulares portais de edificios da capital, xa abandonados a esas horas. Así comeza a súa colección. Ao principio polo seu barrio (Universidad), pero a modo creceu nel unha necesidade de seguir ampliando o arquivo e a súa curiosidade, ampliando o seu roteiro en busca de portais sórdidos ou xeométricamente perfectos.

O propio Francisco Úbeda Llorente recalca que o que lle atrae da fotografía é ver o que non está ao noso alcance. “Cando fas un proxecto así, en realidade fas unha mostraxe para satisfacer a curiosidade propia e allea. Dá igual que sexan portais ou habitacións de hotel. Eu elixín os portais, porque desde pequeno tiven bastantes historias neles que me marcaron, e creo que ese foi o xerme cando me plantei diante do primeiro e decidín sacar a cámara”.

O proxecto vén directo da galería Le Mur de Madrid, onde tivo unha boa aceptación.

O termo flâneur procede do francés e significa ‘paseante’, ‘rueiro’. A súa vocación é a observación obxectiva pero esteticamente harmoniosa. Walter Benjamin describía o flâneur como a figura esencial do moderno espectador urbano, un detective afeccionado, un investigador da cidade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here