InicioPolíticaBNG de Vigo critica a Abel Caballero por "alardar dese millonario ascensor...

BNG de Vigo critica a Abel Caballero por “alardar dese millonario ascensor de Star Trek”

Critica que presuma de gastar 13 millóns nun ascensor mentres "abandona" as parroquias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, criticou que o alcalde, Abel Caballero, presuma de gastar case 13 millóns de euros no ascensor Halo, mentres “abandona” os barrios e as parroquias da cidade.

Nun comunicado, os nacionalistas subliñaron que Vigo necesita máis que grandes obras e inauguracións no centro da urbe e reclamaron investimentos para as parroquias, que padecen a “permanente inejecución orzamentaria” do goberno local.

Pérez Igrexas criticou que Caballero volva a “alardar dese millonario ascensor de Star Trek” pero mantén un muro caído no barrio do Freixeiro desde fai máis de tres anos e segue sen dotar de aseos á ETEA, demandados polos veciños desde fai seis anos, entre outros exemplos de “desatención continua” dos barrios e das parroquias.

Por iso, lamentou o “cinismo” do goberno local, a quen acusou de facer “propaganda partidista co diñeiro público de todos os vigueses” por presentar como humanizacións o que son “apenas asfaltados” de camiños.

“Os datos do propio Concello de Vigo demostran como cada ano tres de cada catro euros comprometidos para investimentos volven quedar na caixa”, indicou o concelleiro do BNG. “Abel Caballero promete, anuncia, volve prometer e a anunciar, pero as cifras mostran como tres de cada catro promesas que fai son puro fume”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...