InicioPolíticaO PSdeG denuncia que houbo cinco prazas sen cubrir no centro de...

O PSdeG denuncia que houbo cinco prazas sen cubrir no centro de saúde de Redondela “case todo o ano”

Leticia Gallego tamén sinalou que tanto o centro de saúde de Redondela como o de Chapela levan todo o ano sen xefe ou xefa de servizo, e esixiu ao Sergas que cubra esas prazas "canto antes".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSdeG denunciou este mércores a “falta de planificación” do Sergas no ambito sanitario de Redondela, cuxo centro de saúde estivo “case todo o ano” con cinco médicos menos.

Así o manifestou a deputada socialista, Leticia Gallego, que este mércores visitou o centro de saúde xunto coa alcaldesa redondelana, Digna Rivas. Segundo apuntou, a Xunta cubriu esas vacantes “recentemente”, pero “trátase dun mero parche que non ofrece unha solución permanente ao problema”.

Leticia Gallego tamén sinalou que tanto o centro de saúde de Redondela como o de Chapela levan todo o ano sen xefe ou xefa de servizo, e esixiu ao Sergas que cubra esas prazas “canto antes”. Segundo lamentou, ese tipo de situacións tamén se dan noutros municipios da provincia e de Galicia, o que demostra que “a sanidade pública non é unha prioridade para o goberno de Feijóo”.

Por outra banda, a parlamentaria do PSdeG tamén se reuniu con membros da dirección e da Anpa do Colexio de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo, aos que explicou que o seu grupo presentou unha batería de iniciativas na Cámara para instar á Xunta a cubrir “o máis axiña posible” a praza de traballadora social que queda baleira por xubilación da actual profesional.

A traballadora social do centro é a engrenaxe deste sistema, a que detecta os problemas en primeiro lugar e anticípase para permitir unha saída ordenada aos mesmos, evitando o sufrimento ao alumnado”, sinalou Leticia Galego.

ÚLTIMAS

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...