InicioPolíticaCaballero anuncia 27 accións especiais no PXOM para mellorar e integrar zonas...

Caballero anuncia 27 accións especiais no PXOM para mellorar e integrar zonas deterioradas da cidade

O Plan Xeral de Ordenación Municipal irá a pleno para a súa aprobación inicial antes de final de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes en rolda de prensa que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que irá a pleno para a súa aprobación inicial antes de final de agosto, contemplará 27 plans de actuación especial para preservar e integrar zonas deterioradas da cidade.

Segundo explicou o rexedor, a PXOM de 2008 (anulado polo Tribunal Supremo a finais de 2015) contemplaba, para eses núcleos, “arrasar” e “facer borrón e conta nova”, pero nesas zonas hai “vivendas dignas”, cuxos propietarios non poderían reiniciar as súas vidas cunha eventual indemnización. Por iso, explicou, o novo plan urbanístico prevé realizar melloras nesas contornas, para integralos no desenvolvemento urbanístico da cidade, mellorando a calidade de vida dos seus veciños.

Caballero incidiu en que non comparte a “filosofía” do anterior PXOM con respecto a eses barrios, e insistiu en desligarse do plan aprobado en pleno a finais de 2007 (cos votos favorables do seu partido, o PSOE e do BNG, e o voto contrario do PP) e ratificado en 2008 pola Xunta.

O alcalde sinalou que eses plans de actuación especial beneficiarán a “miles” de veciños de zonas como Canadelo, o barrio de Ribadavia, Riobóo, A Salgueira, Guixar, Ríos, Espiñeiro, Toural, Cambeses, Numancia, A Rola ou Ceboleira, entre outras.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...