InicioPolíticaCaballero ve detrás da petición de parar o túnel de Porta do...

Caballero ve detrás da petición de parar o túnel de Porta do Sol a “dous señoritos do BNG” veciños da zona

"Este é o maior ridículo que vin facer a un deputado", proclamou o alcalde de Vigo en referencia á petición feita polo deputado do BNG, Néstor Rego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este xoves contra o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, pola iniciativa que presentou na Cámara baixa para pedir a paralización das obras para construír un túnel baixo pórtaa do Sol, e acusouno de “defender a dous señoritos militantes do BNG” que viven na zona, e que non queren esa obra.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico criticou a iniciativa do parlamentario nacionalista, do que lembrou que “é deputado pola Coruña” e “non ten nin idea do que fala”. Segundo engadiu, este político “da UPG, do sector marxista leninista, que son secesionistas e queren separar Galicia de España”, está “descualificado para todo”. “Este é o maior ridículo que vin facer a un deputado”, proclamou Abel Caballero.

O alcalde afirmou que Rego propón paralizar a construción do túnel en Porta do Sol porque “defende a dous señoritos militantes do BNG” que viven na zona, e que se opoñen a esa actuación “para non ter as molestias das obras”.

En cambio, eses veciños pretenden “condenar” ao resto de vigueses a dar unha volta cando usan o transporte público porque, se o tráfico non pode pasar por Porta do Sol, “terán que estar 15 minutos máis no bus”. O certo é que os usuarios do transporte público e o resto de condutores hai dez meses que teñen que dar esa volta, porque a Porta do Sol está cortada polas obras.

Ademais, Caballero rexeitou o argumento do BNG de que se ‘acoitelaría’ o centro da cidade con esa infraestrutura subterránea, porque xa existe alí un aparcadoiro (pechado desde setembro de 2015) desde “hai 47 anos”.

PEAXES DA AP-9

Por outra banda, e preguntado acerca da subida das peaxes na AP-9, o alcalde afirmou que non está “a seguir ese tema”, aínda que engadiu: “Escoitei dicir que vai haber rebaixas moi importantes a partir do segundo semestre”.

“Eu o que lle pido á autoestrada é que acondicione toda a súa entrada a esta cidade. Esíxolle que acondicione a entrada, tena sucia, pintada, desatendida (…) e ten que estar en mellores condicións”, aseverou.

ÚLTIMAS

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...

A Xunta anuncia 2.000 vivendas no parque Ofimático de Vigo, 35 para expropiados

A Xunta de Galicia prevé que as obras de construción de vivendas e as...