InicioPolíticaVigo terá tres persoas entre os cinco postos de saída das listas...

Vigo terá tres persoas entre os cinco postos de saída das listas do PSOE en Pontevedra

Trátase do propio Gonzalo Caballero, a edil Isaura Abelairas e Leticia Gallego. Gonzalo CAballero quere incluír tamén á xornalista Noelia Otero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE provincial de Pontevedra propuxo á edila de Vigo María Isaura Abelairas para ocupar o número dous da candidatura do PSdeG ás eleccións autonómicas por esta circunscrición, e a tamén viguesa, Leticia Gallego, como número cinco, nunha candidatura que liderará o tamén vigués Gonzalo Caballero.

Con todo, o secretario xeral do PSdeG e candidato socialista á Xunta, Gonzalo Caballero, anunciou que incluirá á xornalista Noelia Otero Lago, tamén de Vigo, nos postos de saída desta candidatura. Así o confirmaron a Europa Press fontes socialistas, que sinalan que a formación aspira a facerse con ata sete actas por esta provincia, cuxa lista será encabezada polo propio Gonzalo Caballero.

A organización provincial tamén trasladará agora a súa suxestión, que non é vinculante, á dirección galega, que aprobará este xoves nun comité nacional as candidaturas que serán oficiais o venres tras o visto e prace de Ferraz.

Nun comunicado remitido aos medios, o secretario xeral provincial, David Regades, destacou que a proposta da executiva provincial, que encabeza o candidato á Xunta Gonzalo Caballero, elaborouse por “unanimidade” e despois dunha “análise ao detalle” das votacións realizadas estes días nas agrupacións locais, “á que se engadiron criterios de representación territorial”.

“O resultado é unha proposta que, partindo do respecto á vontade expresada pola militancia, está tamén ben pegada ao territorio e á sociedade que queremos representar no parlamento galego”, sinala Regades.

Tras Gonzalo Caballero integran, por orde, a proposta da executiva provincial os seguintes nomes: María Isaura Abelairas (Vigo), Julio Torrado (Vilagarcía), María Luisa Pierres (Pontevedra), Leticia Gallego Sanromán (Vigo), Daniel Chenlo Padín (Pontecesures), Olga Rodríguez Puga (Redondela), Paula Fernández Pena (Silleda), José Antonio Dono López (A Estrada), Francisco de Asís Candeira Mosquera (Ponteareas).

Regades asegurou que a provincia de Pontevedra é o “músculo electoral” do PSdeG, polo que subliña a necesidade de “esforzarse ao máximo durante a campaña para levar a Gonzalo Caballero ata a Presidencia da Xunta”.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...