InicioPolíticaO alcalde de Santiago cualifica a Caballero de "provocador" e di que...

O alcalde de Santiago cualifica a Caballero de “provocador” e di que a súa cidade xoga “noutra liga distinta” que Vigo

Bugallo contrapón os "1.200 anos de historia" do Camiño e o Xacobeo, polo seu beneficio para "centos de municipios", fronte ao fenómeno "puntual" para este Nadal anunciado polo rexedor vigués.

PUBLICADO O

Santiago de Compostela xoga “noutra liga distinta”. Así de claro llo quixo deixar o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ao seu homólogo vigués, o tamén socialista Abel Caballero, nun acto no que contrapuxo os “1.200 anos de historia” do Camiño e o Xacobeo e o seu beneficio para “centos de municipios” fronte ao fenómeno “puntual” para este Nadal anunciado polo rexedor de Vigo.

Caballero presentou o venres un acordo alcanzado con The Walt Disney Company Iberia para converter a rúa Progreso na ‘Rúa Frozen’, con motivo da estrea da segunda parte desta película de animación e da preestrea, que se producirá o 20 de novembro nos cinemas de Praza Elíptica. Nese mesmo acto, o rexedor sacou peito e asegurou que o Nadal vigués “move máis xente que o Camiño de Santiago”, un asunto que Bugallo cinguiu á “estratexia provocativa” do alcalde de Vigo.

“Ten unha estratexia provocativa que lle está dando bo resultado”, afirmou Bugallo, quen no entanto lembrou ao rexedor de Vigo que Santiago espera uns 10 millóns de visitantes o próximo ano, dato que “supera a calquera outra cifra” que se poida esgrimir.

Neste sentido, destacou a “historia” que leva detrás o fenómeno Xacobeo, que achega “rendibilidade por centos de municipios”, e comparouno coa iniciativa “puntual, dunha semana”, que anunciou Caballero, para chancear co “beneficio” que poidan sacar concellos da contorna de Vigo, como Redondela, da preestrea de Frozen 2.

Así, sinalou que Caballero “cumpre o seu papel” e gústalle realizar declaracións deste tipo, pero aclarou que Santiago xoga “noutra liga distinta” e “moito máis seria”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...