InicioPolíticaProtesta en Vigo contra a sentenza do 'procés': "Non á represión"

Protesta en Vigo contra a sentenza do ‘procés’: “Non á represión”

Mobilizacións en toda Galicia.

PUBLICADO O

Centos de persoas secundaron este luns as protestas convocadas pola plataforma ‘Galiza con Catalunya’ en varias localidades galegas tras a sentenza do proceso independentista catalán.

As concentracións tiveron lugar a partir das 20,00 horas no sete cidades galegas, así como en Burela (Lugo) e Redondela (Pontevedra). Unhas protestas que coincidiron coas mobilizacións convocadas polo por ‘Tsunami Democràtic’ como resposta ao fallo xudicial.

En Vigo, ao berro de “Presos políticos, liberdade”, “Non, non, non, non á represión” e “O referendo é democracia” ducias de persoas manifestáronse este luns no Farol de Urzáiz portando bandeiras independentistas galegas e catalás.

Á concentración asistiu, entre outros, o concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, que estivo encabezando unha pancarta que rezaba ‘Democracia e liberdade’, que estaba asinada pola plataforma Galiza con Catalunya.

MÁIS EN GALICIA CONFIDENCIAL

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...