InicioPolíticaO Concello de Vigo pagará 121.00 euros a unha consultora para apoiar...

O Concello de Vigo pagará 121.00 euros a unha consultora para apoiar a redacción do prego de abastecemento de auga

O Concello de Vigo iniciou os trámites para elaborar un novo prego de concesión do servizo de saneamento e abastecemento de auga, actualmente en mans de Aqualia, e empezou por aprobar a contratación dunha consultoría externa que "apoiará" os labores de redacción do prego que leven a cabo os técnicos municipais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciou os trámites para elaborar un novo prego de concesión do servizo de saneamento e abastecemento de auga, actualmente en mans de Aqualia, e empezou por aprobar a contratación dunha consultoría externa que “apoiará” os labores de redacción do prego que leven a cabo os técnicos municipais.

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, destinaranse algo máis de 121.000 euros á contratación desta empresa de consultoría, que debe facer unha análise “de situación” sobre o actual servizo, e sobre as “necesidades” que deben recollerse no prego para o futuro.

O rexedor lembrou que o contrato con Aqualia finaliza o 31 de decembro de 2020 (tras unha prórroga aprobada en 2011) e que a intención do goberno local é convocar un concurso novo. “Estamos na fase preparatoria para a liquidación do actual contrato”, afirmou.

Sobre se o novo prego contemplará a tarificación do recibo por consumo (e non como se fai agora, cun mínimo de 30 metros cúbicos, aínda que non se gasten), o alcalde eludiu aclaralo, e subliñou que o contido do prego dependerá da decisión dos técnicos. “Eu escoito moito aos técnicos, que son os que saben. E por iso vai todo ben en Vigo”, proclamou.

En todo caso, o alcalde non quixo deixar pasar a oportunidade de lembrar que outros gobernos, tanto do PP como do BNG, “puideron cambiar o sistema de cobro e non o fixeron”.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...