InicioPolíticaO rexedor de Tui quere falar cos presidentes da Xunta e da...

O rexedor de Tui quere falar cos presidentes da Xunta e da deputación sobre o futuro do concello

Pide unha entrevista cando se cumpren 7 meses dende que accedeu á alcaldía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pasaron xa sete meses da moción de censura que puxo ao fronte da alcaldía de Tui ao converxente Carlos Vázquez Padín e nin o presidente da Xunta, nin a presidenta da Deputación de Pontevedra, o recibiron.

Por iso, o rexedor tudense remitíu sendos escritos a Alberto Núñez Feijoo e Carmela Silva solicitándolles unha entrevista para transmitirlles as necesidades da cidade. Nesas castas explica que este 17 de maio fixéronse sete meses dende que está na alcaldía polo que coida “que é un bo momento” para manter unha xuntanza xa que para o goberno municipal “unha boa colaboración interinstitucional é sen dúbida unha prioridade”.

É por este motivo que lles solicita tanto ao presidente da Xunta coma á presidenta da Deputación unha entrevista para “poder pór en común os aspectos que teñen que ver con Tui”. Por último Carlos Vázquez Padín agarda que a solicitude feita a ambos mandatarios poida ser atendida ao longo das próximas semanas.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...