InicioPolíticaO Concello de Vigo respóndelle a Feijóo: “O que pasa é que...

O Concello de Vigo respóndelle a Feijóo: “O que pasa é que ten medo dos seus contratos co amigo narcotraficante”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A guerra entre a Xunta e o Concello de Vigo é “total”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificaba este xoves ao alcalde vigués coma “personaxe” e “ridículo” e este venres foi o portavoz do goberno local, Carlos López Font, quen lle respondeu. “Feijóo entrou en pánico”, dixo.

“Foi pedirlle explicacións dos contratos co seu amigo o narcotraficante e púxose máis nervioso que nunca. Insulta ao alcalde de Vigo”, dixo. “Pode seguir insultando, pero o que queremos é que explique, e iso é o que o pon moi nervioso”, indicou Font sobre a posibilidade de que o concello abra unha investigación sobre as amistades de Feijóo con Marcial Dorado. Ademais, criticou ao presidente da Xunta por non estar cos vigueses a noite do accidente do Marisquiño. “E iso é algo que nunca lle perdoarán os vigueses”, sentenciou.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou sentirse “gravemente insultado” por Feijóo, “que ten esta forma de dirimir os seus propios conflitos”. “Nunca contestei os insultos e non os vou a contestar agora”, rematou.

ÚLTIMAS

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...