InicioSociedadeVellez Digna interpón un recurso contra o sobresemento das querelas a DomusVi...

Vellez Digna interpón un recurso contra o sobresemento das querelas a DomusVi Aldán

A asociación denuncia un "desequilibrio inxustificado" que impide ás vítimas "utilizar os medios de defensa á súa disposición".

PUBLICADO O

A asociación Vellez Digna, integrada na Federación Galega pola Defensa dos Dereitos de Usuarios de Residencias, veñen de interpoñer un recurso contra o auto de sobresemento provisional das querelas contra a residencia DomusVi de Aldán. O recurso, indica a asociación, articúlase sobre tres piares: a “insuficiente actividade instrutora que permita decidir sobre a existencia de indicios de perpetración dos delitos”, as “irregularidades manifestas” no contido dos ditames técnicos e a “falta de motivación do Auto que unicamente recolle nun dos seus parágrafos o fundamento do sobresemento, con apoio na opinión da experta”.

Entendemos que o xuíz de instrución está a prexulgar o asunto, cando o seu
labor é identificar posibles indicios de comisión dos feitos delituosos que se denuncian”, critican os avogados de Vellez Digna. Ao longo do proceso, indican que non se admitiron declaracións das quereladas, nin testifical de 19 testemuñas nin numerosas probas documentais. Polo tanto, denuncian que “de ningún modo se impulsou polo xulgado de instrución a investigación en profundidade dos feitos”.

“A súa falta de colaboración impediron aclarar se existiron accións ou omisións neglixentes no contaxio da COVID-19, por canto non se tomou declaración a nin unha soa das testemuñas presenciais dos feitos, e ademais impide confrontar esta información coa contida na proba documental que a residencia achegou aos autos”, sinalan nun comunicado, no que tamén indican que a “práctica totalidade” dos documentos admitidos son elaborados pola propia residencia. “Teñen pouca ou ningunha utilidade para aclarar se, neste caso, se incorreu en neglixencia profesional grave e abandono de incapaces”.

Desta maneira, critican o “desequilibrio inxustificado e evidente” que impide ás vítimas “utilizar os medios de defensa á súa disposición”. Por todo isto, interpoñen recurso co obxectivo de facer, finalmente, xustiza.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...