InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs cativos de Bueu constrúen a "vila do mañá": invadindo espazos para...

Os cativos de Bueu constrúen a “vila do mañá”: invadindo espazos para reforzar o sentimento de pertenza

PUBLICADO O

- Advertisement -

Arredor de trinta nenos e nenas de entre 5 e 12 anos participaron durante toda esta semana en Bueu no obradoiro de urbanismo ‘A vila do mañá’, no que se reflexionou sobre “outra forma de entender as vilas e os lugares que habitamos”.

Desde a concellaría de urbanismo, dirixida por Martín Villanueva, agradécese a colaboración dos pais e nais que decidiron apuntar á rapazada nesta actividade “cuxo obxectivo era impulsar a relación co patrimonio e o urbanismo desde as primeiras idades”.

O obradoiro estivo dirixido pola laureada arquitecta Sandra González Álvarez e o seu equipo ( PØSTarquitectos). Ao longo destes cinco días, traballáronse conceptos como a invasión dos espazos a través de xogos, marcos, espellos, liñas e cintas, elementos tridimensionais e globos, coa idea de que a vila sexa vista como un espazo para a cidadanía e non como unha ameaza, tal e como habitualmente acontece.

Obradoiro de urbanismo/ Concello de Bueu

A iniciativa forma parte dun proxecto da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego e baséase nas ideas de Francesco Tonucci, que relaciona a infancia co urbanismo e patrimonio das vilas, reforzando así o sentimento de pertenza e identidade co lugar, achegando tamén conceptos sobre planificación urbanística.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...