InicioSucesosDous gardas civís fóra de servizo salvan a vida dunha muller en...

Dous gardas civís fóra de servizo salvan a vida dunha muller en Moaña tras atragoarse comendo

Ocorreu nas bancadas do campo de fútbol 'Iago Aspas', mentres comía empanada.

PUBLICADO O

Dous gardas civís que se atopaban fóra de servizo salvaron o pasado sábado a vida a unha muller, de 80 anos, que se atragoou cando estaba a comer un anaco de empanada mentres estaba a ver un partido de fútbol en Moaña.

Segundo informa a Benemérita, o suceso produciuse sobre as 13,15 horas, nas bancadas do campo de fútbol ‘Iago Aspas’. Ao decatarse da incidencia, estes dous gardas civís, que estaban a ver o partido, acudiron en auxilio da señora, que xa se atopaba inconsciente e coa pel azulada.

Entre os dous aplicáronlle a ‘manobra de Heimlich’, un procedemento de primeiros auxilios que consiste en comprimir o abdome para inducir a expulsión do obxecto da garganta ou a larinxe.

Un dos axentes está destinado no Centro Operativo Complexo (COC) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra e o outro no Subsector de Tráfico.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...