InicioSucesosAlarma en Cangas tras un escape de gas no centro da vila

Alarma en Cangas tras un escape de gas no centro da vila

As forzas da orde acordoaron toda a rúa Méndez Núñez.

PUBLICADO O

O Concello de Cangas vivíu momentos de tensión esta mañá do xoves ao detectarse un importante escape de gas orixinado nunhas obras o que obrigou a acordoar toda a rúa Méndez Núñez ante o temor a posibles incidencias.

Foi unha máquina que interviña nunhas obras nesa rúa a que provocou o escape ao romper por accidente unha tubaxe de gas.

Até a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil que, ante a magnitude do escape, alertaron tamén a efectivos de Bombeiros e a Policía Local, que decidiu evacuar locais e vivendas. No lugar atópanse tamén técnicos da empresa de subministración de gas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...