InicioEconomíaVigo, epicentro da loita obreira para o PCE

Vigo, epicentro da loita obreira para o PCE

O Partido Comunista de España celebra o seu centenario co obxectivo de manter viva a loita obreira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Partido Comunista de España (PCE) celebra este ano o seu centenario con numerosas actividades que se realizarán nos próximos meses e o seu acto central o próximo 3 de xullo, a través do que conmemorarán “a necesidade de manter viva a vixencia da loita obreira”.

Así o comunicou a secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia, Eva Solla, que nun acto celebrado este luns en Vigo indicou que elixiron esta cidade para presentar as actividades do centenario porque “é un símbolo da loita obreira na que o Partido Comunista foi protagonista”.

Solla remarcou que a día de hoxe os principios dos comunistas “seguen vixentes, sobre todo coa crise do Covid e a anterior crise económica, que supuxo que a pobreza chegase a cinco millóns de españois”. “Nesa perdida de dereitos da clase obreira, de precarización emprego e para as mulleres, ten mais forza a mensaxe dos comunistas”, incidiu, a colación do que chamou “ao conxunto das forzas de esquerdas” e ao “conxunto dos traballadores” a unirse aos actos de celebración do centenario.

En concreto, o acto central celebrarase o próximo 3 de xullo nunha localización aínda por concretar. Ademais, levarán a cabo diversas actividades culturais, como documentais, un certame de relatos, unha acción poética, exposicións, un certame de hip-hop e un concurso de pezas de rap.

En relación con iso, Solla manifestou que se realizarán numerosas actividades culturais porque “máis aló da loita obreira, a loita cultural e das ideas e o traballo polo acceso á cultura foi relevantísima” na historia do comunismo.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...