InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta pídelle aos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona que intensifiquen...

A Xunta pídelle aos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona que intensifiquen o aforro de auga ante a seca na zona

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia instou aos concellos pontevedreses de Vigo, de Nigrán e de Baiona a que intensifiquen as medias de aforro de auga ante os niveis dos encoros de Zamáns e de Bahíñas, cuxas reservas se sitúan moi por baixo da media a estas alturas do ano, ao presentar unha ocupación un 25% inferior á do ano pasado.

Precisamente esta mañá o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera, mantivo unha reunión con representantes municipais de Vigo e de Baiona para analizar a situación dos recursos hídricos da zona. Tamén estaban convocados representantes do Concello de Nigrán, pero non acudiron ao encontro.

Augas de Galicia expuxo a evolución de ambos os encoros, que evidencia a alta demanda de auga na zona, en contraposición co baixo nivel de precipitacións, segundo recolle o Goberno galego nun comunicado. Por iso, a Administración autonómica solicitou aos concellos datos máis precisos sobre o consumo de auga, así como información sobre as medidas que xa se estaban adoptando e as que se prevé tomar ante a situación actual e en caso de empeoramento.

O obxectivo é facer un seguimento detallado e coordinado da situación, ao que se comprometeron todos os asistentes á reunión deste mércores”, engadiu Augas de Galicia. Esta reunión produciuse días despois de que o Executivo galego mantivese outro encontro cos concellos que se abastecen desde o río Lérez e desde o Anllóns, que tamén presentan escasos niveis de auga pola falta de choivas.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...